quarta-feira, 25 de abril de 2018

LIBROS PROCESUAIS DE MANUEL CASTELIN SOBRE O LABIRINTO EVOLUTIVO








Estou en proceso de realización dun manual para aquelas persoas que desexen construír seu propio labirinto personalizado, igual que eu o construín, xa en forma dun parque axardinado, xa en forma dunha estructura básica online que cada un pode encher con súas memorias persoais a plena creatividade. CLIC NA IMAXE, PARA LER UNHA INTRODUCIÓN.


ADVERTENCIA: Manuel Castelin usa súas novelas e textos como obras procesuais, nas que vai introducindo as grandes aprendizaxes evolutivos de súa vida, que é o que importa, e non os contos que os envolven. Como súa vida é unha metamorfosis, onde todo se proba e comproba con vivencias intensas e profundas, e o que parecía sólido e útil onte, xa se converteu en relativo ou inservible mañá, decidiu publicar gratuitamente e de forma periódica, apenas fragmentos dos seus libros en internet, se reservar o dereito de modificar ao longo de súa vida todo o que considere inxenuo, ríxido, prepotente ou obsoleto e deconstruir e simplificar sen apego, até que o que quede sexa unha síntese vital do esencial aprendido. 

O mesmo fai con seus cadros. E é moi posíbel que acabe facendo distintas versións dun mesmo libro en Español Castelán, em Español Galego ou em Português. Así que consideraránse completos e editábeis seus libros até o fin da súa vida, ou tras súa morte. (O cal non é garantía ningunha de que o que parece sabio no fragmento que leuse hoxe, non se teña convertido nunha parvada mañá, así que gozade do momento, meus queridos, porque unha obra procesual é unha obra viva, chea de infinitas posibilidades e na que os primeiros lectores aínda poden pór seu granito de area, cun comentario que enamore ao autor e converta ao comentarista en partícipe creativo da obra e até en musa ou muso, entanto que unha obra terminada é un proceso morto e, ao cabo do tempo, un fósil que só fai vibrar aos académicos da Paleontoloxía)

Seguindo o anteriormente explicado, A GUERREIRA, unha das novelas máis antigas de Castelin, na que se homenaxeaba às súas compañeiras de xeración, se falaba de amor tántrico e da busca de integración de España na Unión Europea, encóntrase, agora mesmo, en procesual de deconstrucción total e o autor non ten nin idea (nin lle preocupa), se poderá reconstruir algo que valla a pena cos dous últimos temas. A Historia Contemporánea como motivo, amigos, é unha árbore de folla ben caduca.

VIAXE DE ORFEU AO 

O músico Orfeu busca a entrada dos Infernos, no País do Fin do Mundo, para pedir a Hades que lhe devolva sua amada esposa Eurídice.  Mas non poderá mudar de dimensión, sen morrer, antes de achar a síntese da sua própia camiñada na vida, para o cual é guiado polo Guardián do Labirinto de Finisterre a construir seu propio labirinto no qual facer memoria dos máis intensos momentos da súa vida, a fin de extrair deles a vibración síntese  do seu viver.





A BEBIDA DO PODER

Relato autobiográfico de Manuel Castelin sobre sua estancia em Mapiá, no máis profundo da Amazonia Brasileira, sede do Santo Daime, em 1989,  último ano de vida do Padriño Sebastião Mota, onde se originou, durante um trabalho na floresta, com Ayahuasca,  a inspiração da sua obra relacionada com o  Labirinto Evolutivo.





A VIAXE ATEMPORAL DE GILGAMESH 
Esta é a miña última novela em proceso. Parece xa bastante acabada, mas quando algo parece bastante acabado é o bon momento para meter-lhe ferro à fundo e sacar a nova estatua, ben mais sorprendente e convincente, se possível fora, de dentro da vella estatua, por medio dunha deconstrucción implacábel. CLIQUE NA IMAXE PARA LER UNHA SINOPSIS DA OBRA, NESTE XUSTO MOMENTO DO SEU PROCESO. (Final de Abril 2018)